


1.- Debido ao cambio de era que estamos a vivir en todo o planeta, consecuencia do proceso de mundialización da economía, dos avances tecnolóxicos, e da globalización cultural actual, existe o grave risco de que as identidades e expresións culturais e sociais se vexan asolagadas por dita transición histórica, dando paso a unha nova sociedade global máis homoxénea e uniforme.

2.- A diversidade cultural deste planeta constitúe unha parte substancial do patrimonio da humanidade e, como tal, debe ser potenciada, en tanto que é fonte de riqueza, creatividade e legado histórico para as xeracións futuras.

3.- Para garantir que perdure esta riqueza lingüística, política, e cultural da humanidade, débense por en marcha proxectos e leis, que fagan posíbel, por unha banda, frear o actual dominio, case absoluto, que os mercados e as súas maquinarias teñen a nivel mundial e, por outra, que apoien e fortalezan as expresións artísticas e culturais, locais e nacionais.

4.- Galicia, xunto con outras nacionalidades do Estado español e outros moitos pobos do mundo, sofre as consecuencias do actual ciclo histórico, o que dificulta o desenvolvemento da identidade e a pervivencia da cultura propia.
Por todo isto, e atendendo á importancia do sector audiovisual como vehículo de expresión cultural, consideramos de interese público o nacemento de iniciativas como o Festival de Cine sobre as Minorías "Olladas do Planeta", e apoiamos publicamente a súa existencia, no camiño de construírmos, coa participación activa e o esforzo compartido da sociedade civil e das administracións públicas, novos espacios para a defensa da diversidade cultural e das expresións artísticas das colectividades sociais, lingüísticas, políticas e nacionais.
Este manifesto, promovido pola organización do Festival foi asinado por un total de 108 artistas, intelectuais, escritores , e organizacions sociais entre os que se atopan o premio Nobel Jose Saramago, Bernardo Achaga ( escritor vasco) , Migule Angel Solá( actor arxentino) e unha amplia representación do mundo cultural galego entre os que destaan manolo Rivas , Manuel MAría, Ferrin, etc.
Para mais información abri-lo sitio visitas.